Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de María del Carmen Peteiro Guas.

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, por Auto ditado o 4 de xaneiro de 2012, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de María del Carmen Peteiro Guas, veciña da Coruña, falecida o 7 de maio de 2005.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 153.2 da Lei 4/1995, del dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de María del Carmen Peteiro Guas, falecida no municipio da Coruña o 7 de maio de 2005, formulen as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda