Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 219/2014, interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos de Minas.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 219/2014, interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos de Minas, contra a Orde do 9 de maio de 2014 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de enxeñeiros/as de minas, enxeñeiros/as de telecomunicacións, arqueólogos/as e facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e de arquivos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública