Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda ampliar o prazo de participación pública do documento inicial do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño, pola que se regulan os dereitos de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desa lei, as administracións públicas, ao estableceren ou tramitaren os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos públicos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as que deben as administracións públicas asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de conservación da natureza e diversidade biolóxica, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xuño.

Con data do 27 de xaneiro de 2015, publícase no Diario Oficial de Galicia, o anuncio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, do 8 de xaneiro de 2015, polo que se acorda someter á participación pública, durante quince días naturais, contados desde o seguinte ao da súa publicación, o documento inicial do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

Para garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

ACORDO:

Primeiro. Ampliar o período de información pública do documento inicial do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume, por un prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da finalización do prazo de quince días establecido no Anuncio do 8 de xaneiro de 2015, coa finalidade de que o público poida remitir observacións e opinións mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico planificacion.conservacion@xunta.es, indicando no asunto PRUX Fragas do Eume.

Segundo. Durante o citado prazo, o documento poderá ser examinado nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Coruña.

– Oficinas do Parque Natural das Fragas do Eume.

– Páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

http://www.cmati.xunta.es/

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza