Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014335AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 18 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014335AL-CO incoado a Cunchas da Ría, S.L.

Intentada a notificación da resolución, segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Cunchas da Ría, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014335AL-CO.

Interesada: Cunchas da Ría, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70301684.

Último enderezo coñecido: porto de Rianxo, 37,15920 Rianxo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro): artigo 18.1.

– Decreto 399/1996, do 31 de outubro. Moluscos. Programas de control sanitario dos bivalvos vivos (DOG núm. 225, do 18 de novembro): artigo 7: cumprimento de libros de control.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 6, artigo 50.1.a) b) c) e), artigo 51.1, parágrafo 1, 2, 3, 10.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 2.400 €.