Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014375AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 18 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014375AL-CO incoado a Patricia González Rama.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Patricia González Rama o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014375AL-CO.

Interesada: Patricia González Rama (Tasca Xuventude).

DNI/NIF/CIF: 79333402-P.

Último enderezo coñecido: Lg. As Grelas, s/n, Canduas,15115 Cabana de Bergantiños.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo infrinxido:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOG núm. 139, do 30 de abril; rectif. DOG
núm. 204, do 4 de agosto de 2007): capítulo XII: 1), 2).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 50.1.e); artigo 51.1.11º.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 90 €.