Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Sindical de Actores, Actrices, Directores e Directoras de Galicia (antes Asociación de Actores e Actrices de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral, se presentou certificación das actas das asembleas xerais extraordinarias celebradas o 11 de xullo de 2011 e o 22 de xuño de 2014, onde se reflicten as modificacións dos estatutos da dita organización, que afectan o capítulo I: denominación, ámbito territorial e domicilio; capítulo II: finalidades da asociación; capítulo III: adquisición da condición de asociado/a. Dereitos e deberes. Perda da condición de asociado; capítulo IV: órganos directivos e administración; capítulo VII: disolución da asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: actores, actrices, directores/as titulados en calquera escola de arte dramática oficial ou centro recoñecido, incluídas titulacións oficiais obtidas en calquera país estranxeiro, así como os que poidan demostrar a súa experiencia profesional no oficio obtida en Galicia e fóra dela.

– Asinantes: Avelino Fernández González (presidente) e Guillermo Carbajo Rodríguez (secretario).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social