Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5591

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (1012/2013).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Gam España Servicios de Maquinaria, S.L.U. fronte a Socopuli Construcciones y Montajes, S.L., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

En Ourense, 9 de decembro de 2014.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os autos de xuízo ordinario nº 1012/2013, seguidos ante este xulgado por instancia do procurador Diego Rúa Sobrino, quen actúa en representación de Gam España Servicios de Maquinaria, S.L.U., asistida da letrada Sandra Osa Otero, substituída no acto da vista polo letrado Xaime da Pena, contra Socopuli Construcciones y Montajes, S.L., en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Resolución:

Que estimando a demanda interposta polo procurador Diego Rúa Sobrino contra Socopuli Construcciones y Montajes, S.L. condeno a dita demandada a aboar á demandante a cantidade de 11.477,45 €, incrementada cos xuros de mora previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro. As custas impóñenselle á demandada.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde a súa notificación, ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Ourense, con suxeición ao disposto nos artigos 455 e seguintes da LAC.

Indícaselles ás partes que non se admitirá a trámite o recurso se, ao interpoñelo, non acreditan documentalmente ter constituído o depósito de 50 € que para recorrer exixe a disposición adicional décimo quinta da LOPX, así como ter liquidado a taxa xudicial.

Así por esta sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estar a dita demandada, Socopuli Construcciones y Montajes, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 10 de decembro de 2014

A secretaria xudicial