Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5349

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1714/2013-CRS).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1714/2013 desta sección, seguido por instancia de Basilio González Bellón contra Kaefer Aislamientos, S.A. e outros, sobre outros dtos. seg.social, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto polo demandante Basilio González Bellón, revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no senso de condenar solidariamente as demandadas Izar Construcciones Navales en liquidación, S.A. (IZAR), a empresa Kaefer Aislamientos, S.A. (KAEFER) e a entidade Navantia, S.A. a aboaren ao demandante, en concepto de indemnización de danos e perdas, a cantidade de 11.799,96 euros. E mantemos integramente os restantes pronunciamentos absolutorios que a sentenza impugnada contén, desestimando a demanda nos restantes pedimentos.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Manuel Arzua Núñez VIC, Construcciones Pernas, empresa Modesto Prada Construcción, empresa Francisco Botas y Cía., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial