Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5347

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela

EDICTO (304/2014).

No presente rolo de apelación civil número 304/2014 seguido por instancia de Sandra María Groba Santamaría fronte a Tomás Queiruga Calo, con intervención do Ministerio fiscal, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014.

Visto en grao de apelación ante esta sección sexta, da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de familia, garda, custodia, alimentación do fillo menor no matrimonio no C 0000241/2013, procedentes do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación (LACN) 304/2014, nos que aparece como parte apelante, Sandra María Groba Santamaría, representada polo procurador dos tribunais, Sra. Stella Franco Ferrer, asistida pola letrada Patricia Belén Calvo Eiras, e como parte apelada, Tomás Queiruga Calo, con intervención do Ministerio fiscal; sendo maxistrado relator José Gómez Rey, quen expresa o parecer da sala, procede formular os seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e decisión.

Decido:

Estímase parcialmente o recurso de apelación interposto por Sandra María Groba Santamaría contra a sentenza con data do 15 de abril de 2014 do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, ditada no procedemento de medidas paterno filiais, alimentos de fillos menores, número 241/2013, que se revoga, fixando o importe da pensión de alimentos que debe aboar o demandado Tomás Queiruga Calo para cada un dos seus dous fillos menores na cantidade de 225 euros, que se actualizará cada 1 de xaneiro segundo o IPC publicado polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Non se impoñen as custas do recurso a ningún dos litigantes.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes facéndolles saber, conforme preceptúa o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto perante esta sección no prazo de 20 días desde a notificación da sentenza. Debendo ingresar, en concepto de depósito para recorrer, a cantidade de 50,00 euros, achegando xustificante de ingreso na conta de consignacións deste tribunal, abrir no Banco Santander número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 clave de ingreso 1505-0000-12-NNNN-AA (sendo N e A o nº e ano de procedemento); sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño da presente resolución ao xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así, por esta a nosa sentenza da que se poñerá certificación literal no rolo de sala da súa razón, incluíndose o orixinal no libro de sentenzas, definitivamente xulgando nesta instancia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E encontrándose o devandito demandado, Tomás Queiruga Calo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

Francisco Javier Pedreira Sánchez
Secretario xudicial