Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (660/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 660/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Fátima Garaizábal Pita contra Gealbegolf, S.L., administrador concursal Vicente Rodríguez Castaño, Aymerich Golf Management, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, cinco de xaneiro de dous mil quince.

Parte dispositiva.

Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos, de tal forma que:

a) No antecedente de dereito segundo, onde di: «13-11-14»; debe dicir: «22.12.2014».

b) No feito probado II, onde di: «...con efectos do 5-5-14»; debe dicir: «...con efectos de 10.5.2014».

c) No fundamento xurídico IV da sentenza, parágrafo 5º, en relación co prazo de aviso previo non concedido, onde di: «7 días de aviso previo -do 29-12-14 ao 5-5-14-», debe dicir: «12 días de aviso previo -do 29.4.2014 ao 10.5.2014-»; onde di: «8 días restantes», debe dicir: «3 días restantes»; onde di: «480,96 euros», debe dicir: «180,36 euros», e onde se di: «...extinción contractual foi o 5-5-14, polo que o prazo de aviso previo concedido foi de 7 días, polo que os 8 días restantes e non concedidos han de ser indemnizados», debe dicir: «...extinción contractual foi o 10.5.2014, polo que o prazo de aviso previo concedido foi de 12 días, polo que os 3 días restantes e non concedidos deben ser indemnizados».

d) A resolución da sentenza debe comprender un novo parágrafo que dispoña: «Condeno a empresa a lle aboar á traballadora a suma de 180,36 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña».

E para que conste e lle sirva de notificación a Aymerich Golf Management, S.L., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial