Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (355/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 355/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Benjamín Simes García contra Montajes e Ingeniería Arce, S.L., Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., Thj2b Latina, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L. (Perú) Arce Panamá, S.A. e Arce Repub. Dominicana, administración concursal Montajes e Ingeniería Arce, S.L., Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 1/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución contrato 355/2014, acumulado despedimento 748/2014.

Demandante: Benjamín Simes García.

Letrado: Sr. Rodríguez Mallo.

Demandado:

– Montajes e Ingeneiría Arce, S.L.: non comparece.

Letrado:

– Administración concursal de Montajes e Ingeneiría Arce, S.L.: non comparece.

– Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., THj2B Latina, S.L.: non comparecen.

Fogasa.

Sentenza 1/2015.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2015.

Resolvo:

1. Tense por desistido o demandante das accións de resolución contractual e de despedimento exercidas no presente procedemento.

2. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Benjamín Simes García contra a empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e condénoa a pagar ao primeiro a suma de 8.791,94 euros en concepto de salarios debidos.

3. Tense por desistido o demandante da súa acción de reclamación de cantidade respecto de Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., THj2B Latina, S.L. polo que son absoltas de todo pedimento dirixido contra elas.

4. A administración concursal da empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., THJ2B Latina, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial