Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cesuras (expediente IN407A 2014/64-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2014/64-1.

Solicitante: Unión Distribuidores de Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT e RBTS Piñoi.

Situación: concello de Cesuras.

Características técnicas:

Instalación e montaxe do centro de transformación Piñoi, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluído un transformador de 100 kVA e 4 celas de media tensión: tres celas de entrada/saída de liñas motorizadas, e unha cela de protección mediante fusibles do transformador, todas elas con illamento de corte SF6.

Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión entre o apoio existente tipo HV-1000/13 da LMT Peteiros Velle e Vilar Cesuras-Mesía (expte. 2005/367) e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 1), simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 K AL + H16), de 30 metros de lonxitude, tal e como se recolle no plano número TZ-01.

Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión entre a LMT a CT A Castellana (expte. 51079) no apoio existente de tipo metálico C-2000/3T e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 2), simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 K Al + H16), de 96 metros de lonxitude, tal e como se recolle no plano número TZ-01.

Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión entre a LMT e CT en Pardiñas Cesuras (expte. 2001/149-1) no apoio existente tipo metálico C/200/3T e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 3), simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 kV, 3(1×240 K Al + H16), de 96 metros de lonxitude, tal e como se recolle no plano número TZ-01.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña