Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5028

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 22 de xaneiro de 2015 sobre o procedemento para a verificación e certificación de sinaturas electrónicas nas iniciativas lexislativas populares.

A Lei 1/1988, do 19 de xaneiro, de iniciativa lexislativa popular ante o Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 9/2014, do 30 de outubro, establece que a iniciativa popular se exercerá mediante a presentación de proposicións de lei subscritas polas sinaturas de, polo menos, 10.000 electoras e electores galegos, autenticadas na forma en que determina a propia lei, e menciona expresamente a posibilidade de recoller as declaracións de apoio con sinatura electrónica, conforme o que estableza a lexislación correspondente.

Esta última posibilidade, que actúa en paralelo co procedemento de recollida de sinaturas por pregos utilizado tradicionalmente, é coherente coa actual redacción do Estatuto de autonomía para Galicia, que prevé como un dos obxectivos básicos da Comunidade Autónoma a participación de todos os galegos e galegas na vida política, económica, cultural e social.

Sendo competencia da Xunta Electoral de Galicia, segundo dispoñen o artigo 9 e a disposición transitoria da citada Lei 1/1988, garantir a regularidade do procedemento de recollida de sinaturas, faise necesario precisar os aspectos máis importantes do citado procedemento mediante ficheiros electrónicos, para efectos de facilitar o labor da comisión promotora, da Oficina do Censo Electoral e da Xunta Electoral de Galicia, en consonancia co xa acordado pola Xunta Electoral Central (Acordo do 10 de maio de 2012).

Para precisar e aclarar estas cuestións, a Xunta Electoral de Galicia acorda, en uso das competencias atribuídas na Lei electoral de Galicia, así como na Lei de iniciativa lexislativa popular ante o Parlamento de Galicia, aprobar o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Datos das persoas asinantes

Os datos obrigatorios para realizar a acreditación da condición de elector ou electora asinante son: primeiro apelido, segundo apelido, nome, número do documento nacional de identidade ou pasaporte, data de nacemento, concello galego en cuxas listas está inscrito/a e marca de tempo nas sinaturas electrónicas.

Segundo. Recollida de sinaturas electrónicas

1. En canto reciba a notificación de admisión da proposición de iniciativa lexislativa popular, a comisión promotora deberá solicitar á Xunta Electoral de Galicia a aprobación do sistema electrónico de recollida de sinaturas que desexe utilizar, con indicación do enderezo electrónico de acceso, así como a descrición do sistema de sinatura e de verificación de sinatura electrónica que se pretenda utilizar.

A Xunta Electoral, co informe previo da Oficina do Censo Electoral, procederá á súa aprobación se se axusta ás condicións legais. Para tal fin, o anexo de especificacións técnicas para a recollida de sinaturas por vía electrónica e para a súa certificación, que se achega a este acordo, contén o formato do ficheiro XML de datos da persoa asinante, o formato da sinatura e as instrucións para a formación dos ficheiros coas declaracións de apoio asinadas.

O acordo de aprobación remitirase á comisión promotora e mais á Oficina do Censo Electoral.

2. A comisión promotora deberá publicar o acordo no sitio da internet utilizado para o sistema de recollida a través de páxinas web, para coñecemento das persoas interesadas. A iniciativa lexislativa popular quedará identificada mediante un código e un nome, garantíndose así que non se iniciou o procedemento de recollida de sinaturas antes da aprobación pola Xunta Electoral de Galicia do sistema electrónico proposto.

O código terá un formato ILP12AANNN, onde ILP é fixo, 12 identifica as iniciativas do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, AA son as dúas últimas cifras do ano en curso e NNN, o número asignado pola Xunta Electoral de Galicia á iniciativa lexislativa popular, e o nome será o texto do título da iniciativa.

3. A sinatura electrónica para efectos da presentación dunha iniciativa lexislativa popular entenderase válida sempre que sexa unha sinatura electrónica avanzada, baseada nun certificado recoñecido polas administracións públicas e publicado na sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (https://sede.ine.gob.es), válido na data da sinatura.

4. O sistema de recollida deberá garantir a constancia expresa da aceptación do contido da proposición de lei de iniciativa lexislativa popular por parte de cada asinante, consignando na declaración de apoio o código e o texto do título da iniciativa lexislativa popular.

Terceiro. Entrega de ficheiros para a verificación e certificación das sinaturas

1. A comisión promotora remitirá á Xunta Electoral de Galicia os ficheiros cos datos das persoas asinantes para o seu envío á Oficina do Censo Electoral. Os ficheiros conterán exclusivamente os datos necesarios para realizar a acreditación da inscrición das persoas asinantes no censo electoral. A Xunta Electoral, sobre a base da encomenda de xestión prevista no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá autorizar á comisión promotora para que o envío dos ficheiros se realice directamente a calquera das delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral en Galicia, para a súa remisión á Subdirección da Oficina do Censo Electoral (www.ine.es/contactar).

2. A comisión promotora entregará os ficheiros que conteñan as sinaturas recollidas electronicamente en soportes físicos ou mediante un sistema de transmisión telemática previamente acordado coa Oficina do Censo Electoral, co fin de garantir que a transmisión se realiza por procedementos seguros. A entrega será única, co total das sinaturas recollidas.

3. A Oficina do Censo Electoral comprobará a condición de electora ou elector nalgunha das provincias galegas das persoas asinantes incluídas nos ficheiros, conxuntamente coa das sinaturas recollidas nos pregos. A comprobación realizarase con referencia ao censo pechado o día primeiro do mes anterior ao da entrega.

4. A certificación da Oficina do Censo Electoral para a Xunta Electoral incluirá o número total de sinaturas que sexan válidas por corresponderen a persoas inscritas nos censos electorais de Galicia.

Así mesmo, a certificación das sinaturas electrónicas recollidas incluirá a autenticación individualizada, se esta lle for requirida pola Xunta Electoral de Galicia.

Cuarto. Comprobacións sobre a validez das sinaturas electrónicas

1. Asegurarase a plena coincidencia do código e do título da iniciativa lexislativa popular incluídos en cada ficheiro cos correspondentes á asignación que os identifica.

2. Non serán válidas as sinaturas electrónicas recollidas con anterioridade ao acordo favorable da Xunta Electoral de Galicia sobre o sistema de sinatura electrónica que se pretenda utilizar. Para esta verificación utilizarase a marca de tempo da sinatura.

3. Así mesmo, non serán válidas as sinaturas electrónicas en que o documento nacional de identidade da persoa asinante sexa diferente do documento nacional de identidade do certificado electrónico utilizado para a sinatura.

4. Tampouco serán válidas as sinaturas electrónicas realizadas cun certificado electrónico de sinatura que non estea recoñecido pola sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (https://sede.ine.gob.es) ou que estea revogado, ou cando os datos asinados sexan alterados despois da sinatura.

5. Na medida en que sexa indubitada a acreditación da persoa asinante, consideraranse válidas as sinaturas electrónicas realizadas cun certificado caducado pero non revogado.

Quinto. Reconto definitivo pola Xunta Electoral de Galicia

A Xunta Electoral de Galicia, para efectos de comprobar cumprido o requisito de sinaturas de, polo menos, 10.000 electoras e electores de Galicia, realizará a comprobación e o reconto definitivos das sinaturas recollidas tanto a través do sistema de sinatura electrónica como do procedemento tradicional de recollida por pregos, e elevará ao Parlamento de Galicia unha certificación acreditativa do número de sinaturas válidas. Informará disto a comisión promotora e mais a Oficina do Censo Electoral para que esta proceda á destrución dos pregos e ao borrado dos ficheiros conforme o disposto no número 3 do artigo 10 da Lei 1/1988.

Sexto. Publicación

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

Miguel Ángel Cadenas Sobreira
Presidente da Xunta Electoral de Galicia

Anexo
Especificacións técnicas sobre a recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular por vía electrónica e para a súa certificación

As sinaturas recollidas por vía electrónica deberán presentarse en formato XML e conter os datos que identifican as persoas asinantes, o código e título da iniciativa lexislativa popular e a sinatura de todas elas.

As sinaturas entregaranse agrupadas nun ou varios ficheiros comprimidos, tipo ZIP.

Formato XML dos datos da persoa asinante

O formato do ficheiro antes de ser asinado é o seguinte:

<?xml version=”1.0” encoding=”UTF-8”?>

<ilp>

<asinante>

<nome />

<apelido1 />

<apelido2 />

<datanacemento />

<tipoid />

<id />

</asinante>

<datosilp>

<tituloilp />

<codigoilp />

</datosilp>

</ilp>

A estrutura e restricións de contido do ficheiro anterior defínense mediante o esquema XML seguinte:

<?xml version=”1.0” encoding=”UTF-8” standalone=”yes” ?>

<xs:schema xmlns:xs=”http://www.w3.org/2001/XMLSchema”

elementFormdefault=”qualified” attributeFormdefault=”unqualified”>

<xs:element name=”ilp”>

<xs:complexType>

<xs:sequence>

<xs:element name=”asinante” type=”asinanteType” />

<xs:element name=”datosilp” type=”datosilpType” />

</xs:sequence>

</xs:complexType>6

</xs:element>

<xs:complexType name=”asinanteType”>

<xs:sequence>

<xs:element name=”nome” type=”nomeasinante” />

<xs:element name=”apelido1” type=”apelidoasinante” />

<xs:element name=”apelido2” type=”apelidoasinante” />

<xs:element name=”datanacemento” type=”data” />

<xs:element name=”tipoid” type=”tipoidentificador” />

<xs:element name=”id” type=”identificador” />

</xs:sequence>

</xs:complexType>

<xs:simpleType name=”nomeasinante”>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”20” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

<xs:simpleType name=”apelidoasinante”>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”25” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

<xs:simpleType name=”data”>

<xs:annotation>

<xs:documentation>Formato da data de nacemento “AAAAMMdd”,

“19901025”</xs:documentation>

</xs:annotation>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”8” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

<xs:simpleType name=”tipoidentificador”>

<xs:annotation>

<xs:documentation>1.-Documento nacional de identidade (DNI), electrónico ou non, expedido polas autoridades españolas</xs:documentation>

</xs:annotation>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:enumeration value=”1” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

<xs:simpleType name=”identificador”>

<xs:annotation>

<xs:documentation>Número do documento nacional de identidade, incluída a letra final</xs:documentation>

</xs:annotation>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”9” />

<xs:pattern value=”[0-9]+[a-zA-Z]{1}” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

<xs:complexType name=”datosilpType”>

<xs:sequence>

<xs:element ref=”tituloilp” />

<xs:element name=”codigoilp” type=”codilp” />

</xs:sequence>

</xs:complexType>

<xs:element name=”tituloilp” type=”titilp” />

<xs:annotation>

<xs:documentation>Texto do título da ILP</xs:documentation>

</xs:annotation>

<xs:simpleType name=”titilp”>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”300” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>7

<xs:simpleType name=”codilp”>

<xs:annotation>

<xs:documentation>Formato do codigoilp “ILP12AANNN” onde AA son as dúas últimas cifras do ano e NNN o numero asignado á iniciativa lexislativa popular pola Xunta Electoral de Galicia, “ILP1214040”</xs: documentation>

</xs:annotation>

<xs:restriction base=”xs:string”>

<xs:maxLength value=”10” />

</xs:restriction>

</xs:simpleType>

</xs:schema>

Formato da sinatura e do ficheiro asinado

O XML cos datos da persoa asinante segundo o esquema anterior deberá ser asinado seguindo a política de sinatura da Administración xeral do Estado definida en (OID: 2.16.724.1.3.1.1.2.1.8).

Dentro desta política recoméndase a sinatura en formato XADES, clase básica, internally detached.

Ficheiros XML

O ficheiro anterior, cos datos asinados e a sinatura, deberá almacenarse co nome ILP12AANNN. DDDDDDDDD.XML, onde:

Campo de descrición: ILP12AANNN é o valor de <codigoilp>.

DDDDDDDDD é o número do documento nacional de identidade da persoa que asina a iniciativa lexislativa popular (o documento nacional de identidade do certificado usado para asinar e o documento nacional de identidade do campo <ID>).

Ficheiros ZIP

Para cada iniciativa lexislativa popular formarase, cos ficheiros anteriores, un ou varios ficheiros ZIP coas denominacións seguintes: ILP12AANNN.FFF.ZIP, onde:

Campo de descrición: ILP12AANNN é o valor do <codigoilp>

FFF Número do ficheiro de entrega. De 1 a 100.