Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5036

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 9 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1, que o primeiro exercicio do proceso selectivo se realice a partir do día 9 de febreiro de 2015.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.2.1 da orde de convocatoria do proceso selectivo e tendo en conta a existencia dunha quenda de promoción interna e doutra de acceso libre, convócanse para a realización do primeiro exercicio o día 9 de febreiro de 2015, ás 16 horas e 30 minutos, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, os seguintes opositores:

Promoción interna
9 de febreiro de 2015

Apelidos e nome

DNI

Puga Galán, Rodrigo

33324433D

Acceso libre
9 de febreiro de 2015

Apelidos e nome

DNI

Álvarez Caramés, Isabel

44841323V

Álvarez González, Valdemar

76731640Y

Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Diariamente serán convocados no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no lugar de realización do exercicio e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Mª Isabel Novo Castro
Presidenta do tribunal