Por Orde do 17 de novembro de 2014 (DOG núm. 235, do 9 de decembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Santiago de Compostela.
De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 17 de novembro de 2014 (DOG núm. 235, do 9 de decembro) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Posto: director/a de Procesos Asistenciais.
Nome e apelidos: Sonia María Fernández-Arruty Ferro.
DNI (*): *****017D.
* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.