Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2014/148-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/148-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 2 LMT, CT e RBT Lume de Suso.

Situación: concello de Coristanco.

Características técnicas:

LMT aérea a CT Lume de Suso-tramo 1 a 20 kV, cunha lonxitude de 1.131 km con orixe no apoio existente s/n da LMT CBA-807, no tramo da derivación ao CT Carrizal (expediente 109/03), en condutor LA -56/54,6 mm2, e final no apoio nº 9 proxectado tipo C-16/3000 onde se realizará a transición de cable nu a cable illado.

LMT aérea illada trenzada a CT Lume de Suso, a 20 kV cunha lonxitude de 0,126 km, con orixe en apoio nº 9 proxectado, onde se realizará a transición de cable nu a cable illado, en condutor RHVS-12/20 kV/95 mm2, e final no apoio 9/1 proxectado tipo C-22/3000 onde se realizará a transición de cable illado a cable nu.

LMT aérea a CT Lume de Suso-tramo II, a 20 kV cunha lonxitude de 0,126 km con orixe en apoio 9/1 proxectado onde se realizará a transición de cable illado a cable nu, en condutor LA 54/54,6 mm2 e final no CT Lume de Suso proxectado.

Centro de transformación intemperie Lume de Suso, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña