Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4878

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (443/2014).

Divorcio contencioso 443/2014

Procedemento de orixe: separación contenciosa 144/1977

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Ramón Diego González Martínez

Procurador: Francisco Javier Almón Cerdeira

Avogado: Luis González Daponte

Demandado: Cilene Carneiro Alves

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza de data 12 de decembro de 2014 cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Admito a demanda presentada polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira, en nome e representación de Ramón Diego González Martínez, contra Cilene Carneiro Alves, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 15 de maio de 1996, matrimonio que foi inscrito no tomo 01392, páxina 107, da Sección Segunda do Rexistro Civil (Consulado Español en Salvador de Bahía), e debidamente inscrito no Rexistro Central, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal, e mantéñense as medidas definitivas acordadas pola Sentenza de data 11 de decembro de 1997, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra en procedemento de separación 144/1997, naqueles aspectos que non se entendan extinguidas.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Central.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se lles advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá interporse dentro dos vinte días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Cilene Carneiro Alves, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 15 de decembro de 2014

O/a secretario/a xudicial