De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Dirección da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21266.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Baroña, Porto do Son (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 66.115,70 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 29 de decembro de 2014.
b) Data da formalización do contrato: 19 de xaneiro de 2015.
c) Contratista: Terra Arqueos, S.L.
d) Importe de adxudicación: 59.414,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria