Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2015 pola que se publica o requirimento de documentación para a acreditación do cumprimento dos requisitos para manter a condición de centro/entidade no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, do centro/entidade Autoescuela Rayva, S.L. (número de censo 32H01419) e vinte e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por razóns de economía e eficacia, notificáselles aos centros/entidades que se relacionan no anexo o requirimento de documentación para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrita ou acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De acordo co disposto no Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 110), comunícaselles o seguinte:

1. A disposición transitoria primeira establece que os centros homologados con anterioridade á entrada en vigor do citado decreto, disporán dun prazo de dous anos para adaptar ás súas instalacións aos requisitos mínimos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo, e nesta norma.

2. Transcorrido o dito prazo, e para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, deberá no prazo de dez días, achegar a seguinte documentación (orixinais ou fotocopias compulsadas ou cotexadas):

– Documento que acredite a propiedade, arrendamento ou dereito de uso do inmoble, instalacións, equipamentos, talleres ou campos de práctica do centro ou entidade formativa.

– Planos oficiais das instalacións onde se imparta a formación. No caso de impartición de certificados de profesionalidade, os planos deberán estar visados polo colexio oficial correspondente.

– Escritura de constitución e estatutos da entidade segundo proceda.

– NIF/CIF.

– Licenza municipal de apertura como centro de formación ou a correspondente á súa actividade principal no caso de entidades. Na súa falta, solicitude dela. Neste último caso xuntarase, ademais, o certificado dun técnico colexiado competente na materia de que as instalacións reúnen as condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade adecuadas como centro de formación e, ademais, o compromiso de presentar a resolución correspondente, unha vez que sexa emitida.

– Certificado (dun técnico colexiado competente na materia) de accesibilidade universal das instalacións de acordo coas exixencias recollidas no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, así como as súas normas de desenvolvemento.

3. De non achegar os documentos sinalados no prazo citado de 10 días, tramitarase a proposta para a súa baixa no rexistro de centros e entidades de formación, logo de resolución da directora xeral de Emprego e Formación que así o declare.

Ourense, 12 de xaneiro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de censo

Centro/entidade

Enderezo

32H01419

Autoescuela Rayva, S.L.

r/ Emilio Pardo Bazán, 18, 32660 Allariz. Ourense

32H00769

Bit Centro de Formación J.A. Vega Paniagua

Avda. Estación nº 13-1º E, 32300 O Barco de Valdeorras Ourense

32H00580

Mofrafer, S.L.

r/ Pontevedra 16, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense

32H00109

Academia Alba, S.C.

r/ Norte, nº 4-ent. Galerías Adán 4, 32500 O Carballiño, Ourense

32H00541

Academia Áncora

Avda. Buenos Aires, nº 29-1º, 32004 Ourense

32H00577

Academia Magister

r/ Progreso nº 13, ent. 32005 Ourense

32H00524

Almoteca, S.L.

r/ Progreso, nº 68-ent., local E, 32003 Ourense

32H00443

Anexo 4, S.L.

r/ Florentino Cuevillas, 6-5, 32003 Ourense

32H00488

Aula Estudio Ana María Sánchez Alfonso

r/ Camino Caneiro, nº 14, 32004 Ourense

32H00666

Autoescuela Miño, S.L.

r/ Vicente Risco, nº 52 bajo, 32001 Ourense

32H00164

Centro de Estudios Auria, S.L.

r/ Sáenz Díez, nº 54-1º, 32003 Ourense

32H00729

Centro de Estudios Castelo

Praza Lexión, nº 9-baixo, 32002 Ourense

32H00169

Centro de Estudios María Ángeles Taboada, S.L.

Avda. de Portugal, nº 114-1º esq., 32002 Ourense

32H00173

Centro San Pablo-Luis Timiraos Carrasco

r/ Concordia, nº 13, 32003 Ourense

32H00624

Esinor - Escuela de Informática de Ourense

r/ Doutor Fleming, nº 51-bajo, 32003 Ourense

32H00427

Euro Xoven Centro de Formación, S.L.

Praza Sagrado Corazón, nº 3-baixo, 32002 Ourense

32H00452

Forem Ourense

r/ Estrada de Vigo, nº 80-km 574, 32001 Ourense

32H00516

Instituto de Formación e Estudios Sociales (IFES)

r/ Coenga, s/n 32004 Ourense

32H00582

Proxoia, S.L. (B.G. Cachamuíña)

r/ B.G. Cachamuíña, nº 9, 32004 Ourense

32H00422

Triple Lambda, S.L.

r/ Manuel Pereira, nº 22-ent. 32003, Ourense

32H00412

Instituto de Formación e Estudios Sociales (IFES)

r/ Campo da Feira, s/n, 32780 A Pobra de Trives, Ourense

32H00651

Academia Europa, S.C.

r/ O Carballiño, nº 40-baixo, 32400 Ribadavia, Ourense

32H00364

Telemaco. Información, documentación y sistemas, S.L.

r/ CEI del Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 San Cibrao das Viñas, Ourense

32H01380

Centro de Formación Quevedo Gómez, S.L.

Avda. de Portugal, nº 42, 32600 Verín

32H00450

Instituto de Formación e Estudios Sociales (IFES)

Avda. de Sousas, nº 79-baixo, 32600 Verín, Ourense

32H00095

Mancomunidade da Limia

r/ Curros Enríquez, nº 17, 32630 Xinzo de Limia, Ourense

32H00813

Multixes Gal. II

r/ Rosalía de Castro, nº 26, 32630 Xinzo de Limia, Ourense

32H00556

Multixes Gal., S.L.

r/ Rosalía de Castro, nº 26, 32630 Xinzo de Limia, Ourense.