Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reparación de humidades no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador, no concello de Celanova (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21913

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: reparación de humidades no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador, no concello de Celanova (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 119.823,68 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 31 de decembro de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 19 de xaneiro 2014.

c) Contratista: Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U. (DICSA).

d) Importe de adxudicación: 107.438,02 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria