Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación a favor da Comunidade de Propietarios da avenida de Lugo, 235.

A Xunta de Goberno local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2014, acordou:

1. Iniciar o procedemento de expropiación a beneficio de Comunidade de Propietarios do edificio da avenida de Lugo, 235, Santiago de Compostela, CIF H15876980, por taxación conxunta, dos bens e dereitos seguintes incluídos no acordo de delimitación de actuacións adoptado pola Xunta de Goberno local en sesión do 30 de abril de 2014.

Parc.

Ref. catastral

Situación

Titular

Predio rexistral

Superficie

1

8179503NH3487G0021AS

Avda. de Lugo, 235, es. 1, pl. 00, pt. esq.

Titular rexistral:

– Sociedade conxugal de Avelino Gil Sotelo e Adosinda Bolaño Gómez.

Titular catastral:

– Delia Fernández Iglesias 33019713

25071

Matriz segundo rexistro: 170 m2

Matriz segundo catastro: 190 m2

Expropiación: 2,54 m

Oc. temp.: 5,25 m

2

8179503NH3487G0020PA

Avda. de Lugo, 235, es. 1, pl. 00, pt. dta.

Titular rexistral:

– Sociedade conxugal de Basilio Lorenzo Fernández e Gumersinda Vence Guerra

Titular catastral:

Os mesmos

34702

Matriz segundo rexistro: 170 m2

Matriz segundo catastro: 193 m2

Expropiación: 1,24 m Oc. temp.: 4,60 m

Parc.

Ref. catastral

Situación

Arrendatario

Predio rexistral

Actividade

1

8179503NH3487G0021AS

Avda. de Lugo, 235, es. 1, pl. 00, pt. esq.

Manuel Areoso Roca e otro, S.C.

25071

Taller mecánico

2

8179503NH3487G0020PA

Avda. de Lugo, 235, es. 1, pl. 00, pt. esq.

Flavio Ferreiro dos Santos

NIE X-8143898-N

Domicilio:

Lg. Espasande, 51, Teo

34702

Taller mecánico

2. En aplicación do procedemento de taxación conxunta regulado no artigo 143 da LOUG, aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a obtención dos terreos para instalar un ascensor no edificio número 235 da avenida de Lugo. O proxecto contén a descrición dos bens e dereitos afectados e as follas de prezo xusto individualizadas.

3. Someter o proxecto a información pública durante o prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

4. (...)

Requírese dos interesados que acheguen a documentación xustificativa dos seus dereitos e que declaren todas as situacións xurídicas que poidan afectar os seus predios. En particular, e no que atinxe aos posibles dereitos de alugamento ou outros dereitos reais ou intereses económicos sobre o ben obxecto de expropiación, resulta imprescindible, segundo exixe o artigo 4 da LEF, que os respectivos titulares comparezan no expediente de expropiación e acrediten debidamente a súa condición, co fin de que se poida abrir o respectivo incidente para fixar a indemnización que puidese corresponderlles. Os erros non denunciados e xustificados durante o prazo dun mes non darán lugar á nulidade ou reposición de actuacións, sen prexuízo de que os interesados conserven o seu dereito a ser indemnizados na forma que corresponda.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

P.D. (Decreto do 9 de xullo de 2014)
Teresa Gutiérrez López
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica