Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria de tres prazas de técnico/a medio de Administración xeral en quenda de promoción interna.

No BOP núm. 237 do día 11 de decembro de 2014 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, quenda de promoción interna de tres prazas de técnicos/as medios de Administración xeral, grupo clasificatorio A2.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de xaneiro de 2015

José Manuel Rey Varela
Alcalde