Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/172).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Fundación Laboral de la Construcción.

Domicilio social: A Póboa, 16, Montouto, 15883 Teo.

Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA.

Situación: rúa da Torreira e rúa Pontepedriña de Arriba, 13, Santiago de Compostela.

Características técnicas: LMT soterrada de 276+276 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×240 mm2 Al, para alimentar en bucle o CS proxectado. Entroncamento en LMTS SCY-812 no tramo entre o CT Romaño (15CD19) e o CT Avío (15CD15), na arqueta sita na beirarrúa da rúa da Torreira (Santiago de Compostela). A LMTS discorrerá pola rúa Pontepedriña de Arriba, ata o CS proxectado. CS en caseta prefabricada de formigón compartida co CT proxectado, con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400A, 16 KA, en cabinas metálicas prefabricadas. CT en caseta prefabricada de formigón con transformador de 400 kVA, en baño de aceite, relación 20/0,42 kV. Aparellaxe de protección e equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña