Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2015 que modifica a Resolución do 29 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de obras correspondentes ao Plan de mantemento da muralla romana de Lugo 2015-2016 (contratación documentalmente simplificada).

Logo de advertir que na Plataforma de contratación de Galicia a documentación relativa aos planos do proxecto técnico foi publicada de forma incompleta,

Dispoño:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas para facilitar a documentación completa aos licitadores que poderán consultar no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21788

Segundo. A publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo for domingo ou festivo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria