Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCION do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT Cumial.

Situación: Ourense.

Características técnicas: LMT aerosubterránea de 101 m en aéreo con condutor LA 56/54,6 mm2 e 330 m en subterráneo con condutor RHZ1, a 20 kV, con entrada e dúas saídas ao CT proxectado, prefabricado O Cumial, de 250 kVA, R/T 20.000/400-230 V, e orixe na LMT SCV804 e remate na LMT a CT Hotel Cumial e na LMT a CT Maniber.

Orzamento: 131.498,26 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xaneiro de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Energía e Minas