Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2014/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Pacific Strategic Minerals Spain, S.L.

Domicilio social: rúa Arriba, 15, Penouta, 32550 Viana do Bolo.

Denominación: CS, LMTS e CCTT Mina Penouta.

Situación: Viana do Bolo.

Características técnicas:

LMT subterránea a 15 kV de 83 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV que ten a súa orixe no centro de seccionamento proxectado Mina Penouta e remate no CT tamén proxectado 250 kVA, R/T 15.000/400-230 V.

LMT subterránea a 15 kV de 30 m con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV con orixe no CT citado anteriormente e remate no CT proxectado 1630 (1000 + 630) kVA.

Orzamento: 91.536,50 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense