Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4734

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de xaneiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG número 36, do 21 de febreiro) modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG número 68, do 8 de abril) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.5. da orde de convocatoria (DOG número 122, do 28 de xuño de 2013), os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 18 de novembro de 2014 (DOG número 225, do 24 de novembro).

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal