Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4732

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de xaneiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG número 36, do 21 de febreiro) modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG número 68, do 8 de abril) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar a reclamación presentada en relación coa puntuación do terceiro exercicio.

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Terceiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependese para acreditar tal condición.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior
da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as

Acceso libre.

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exer.

2º exer.

3º exer.

4º exer.

Total

1

46902586C

López Carracelas, Ruth

12

15,20

14,70

Exento

41,90

2

44810789G

Asorey Torres, Beatriz

11

13,10

15,83

Exento

39,93

3

78799903V

Fandiño Silva, Susana

11,50

14,50

12,74

Exento

38,74

4

36100693P

Pardo del Río, Águeda

12,66

11,20

12,60

Exento

36,46