Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica trámite de audiencia realizado como consecuencia dun procedemento de autorización de permutas voluntarias, devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia dun procedemento de autorización de permutas voluntarias, por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: Elena Rodríguez Losada.

Último enderezo coñecido: rúa Formigueiros, nº 73-4º A, Sarria, Lugo.

Acto notificado:

– Certificación de estar ao día do pagamento dos tributos ou outros dereitos que graven os predios a permutar ou, se é o caso, xustificante de exención tributaria.

– Dado que de dous predios non se achega referencia do catastro para a súa valoración, deberán remitir informe pericial emitido por técnico competente sobre o valor dos terreos obxecto da permuta.

De non remitir no dito prazo a documentación requirida entenderase, de conformidade co disposto no antedito artigo 6.3, que desistiu da súa petición.