Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se comunica a apertura do trámite de audiencia aos interesados na tramitación do anteproxecto de lei de economía social de Galicia.

En virtude da tramitación do anteproxecto de lei de economía social de Galicia, comunícase a apertura da audiencia e información pública, durante quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, co obxecto de que calquera persoa interesada poida examinar o texto do citado anteproxecto e formular as observacións e presentar as propostas que coide oportunas.

O exame do texto e a presentación das observacións e propostas realizarase a través da páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:

http://www.xunta.es/traballo-e-benestar/transparencia

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar