Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/228-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Deputación Provincial de Pontevedra.

Domicilio social: avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra.

Denominación: LMTS e CT Finca Mouriscade.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 215 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo a subterráneo proxectado na LMT aérea que alimenta o CT existente e final no CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400 V, situado na Finca Mouriscade, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra