Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4574

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades que se especifican no punto primeiro deste anuncio, abertas polo Anuncio do 21 de novembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 2 de decembro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos das especialidades de Instalacións Electrotécnicas (591206) e Procesos Comerciais e Procesos de Xestión Administrativa (591221 e 591222), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e de Italiano (592012) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Instalacións Electrotécnicas (591206) e Procesos Comerciais e Procesos de Xestión Administrativa (591221 e 591222) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e de Italiano (592012) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos