Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4573

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro, modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (DOG núm. 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, acordou:

Que, segundo o disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio da oposición terá lugar o día 3 de febreiro de 2015.

Convócase a Olalla Fernández Flores, con DNI 44835181Q, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo, que terá lugar na sala E do edificio administrativo da Pirámide, núm. 8 de San Caetano en Santiago de Compostela. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio fronte á estación de autobuses en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á sala en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

José Luís Mato Rodríguez
Presidente do tribunal