Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (C-2/2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: C-2/2015.

2. Obxecto do contrato: construción e subseguinte explotación do servizo dunha cafetaría na Cidade Deportiva Municipal da Torre. Duración: trinta anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Canon anual mínimo: 1.200,00 €/ano.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13:00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse pregos particulares reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2015

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública