Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4420

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Con data do 26 de novembro de 2014, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do núcleo rural de Ribiñas, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo a disposición adicional décimo segunda da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, de modificación do punto 4 do artigo 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia do Lago.

Maside, 8 de xaneiro de 2015

Celso Fernández López
Alcalde