Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dun autoclave para a sala P3 do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) (expediente 25/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: Edificio da Xerencia e Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 25/14.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: autoclave para sala P3 do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: sala de cultivos P3 do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 90 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución no prezo de licitación: 45 puntos.

2º. Calidade do equipamento ofrecido: 40 puntos.

3º. Mellora: 8 puntos.

4º. Garantía adicional por riba do solicitado no prego: 5 puntos.

5º. Proposta de formación: 2 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 58.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 58.000 € + 12.180 € de IVE que vai a soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio da Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3)meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio da Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: financiamento: construción do Centro de Investigacións Biomédicas UVI-Sergas. Fondos Feder. Proxecto financiado con fondos Feder correspondentes ao Programa operativo plurirexional de economía baseada no coñecemento, período 2007-2013. Data límite para xustificación dos fondos: xuño de 2015.

Vigo, 21 de xaneiro de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo