Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4364

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 541/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 541/2014(-FF-)

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1038/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Juan Carlos Mariño Barcia

Avogado: José Alfredo Barca Guitián

Procuradora: María Luisa Pando Caracena

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Autocares Álvarez Vázquez, S.L., José Soto Bello, Itziar López-Corona Asenjo, Mónica Franco Carrera, Manuel de Carvalho, Nuno Duarte Pedreira, Benito Franco García

Avogados: (…), José Antonio Menéndez Fernández-Kelly, Rocío Toval Barreras, Rocío Toval Barreras, Rocío Toval Barreras, (…), (…), (…)

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 541/2014 desta sección, seguido por instancia de Juan Carlos Mariño Barcia contra Autocares Álvarez Vázquez, S.L., Mónica Franco Carrera, Benito Franco García, José Soto Bello, Itziar López-Corona Asenjo, Manuel de Carvalho, Nuno Duarte Pedreira e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, sobre modificación de condicións laborais, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Barca Guitián, en nome e representación de Juan Carlos Mariño Barcia, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en data catro de novembro de dous mil trece, en autos seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Autocares Álvarez Vázquez, S.L., José Soto Bello, Itziar López-Corona Asenjo, Mónica Franco Carrera, Manuel de Carvalho, Nuno Duarte Pedreira, Benito Franco García e o Servizo Público de Emprego Estatal, debemos confirmar e confirmamos a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Manuel de Carvalho e Nuno Duarte Pedreira, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial