Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-30/2014, por infracción leve en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícase á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador nº OU-S-30/2014, do xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que coide oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e deberase aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 19 de xaneiro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-30/2014.

Titular sancionado: Nicol Rodríguez Couso.

Establecemento: café bar O Teu Aire.

Domicilio: avda. de Celanova, 70, A Valenzá.

Localidade: Barbadás.

Resolución: 15 de decembro de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: novecentos (900) euros.