Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do 13 de outubro de 2014, ditada no expediente sancionador AC-128/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días conforme co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, se é o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-128/14.

Denunciada: Albealia Restauración Coruña 2, S.L.

NIF: B-70380175.

Establecemento: Mad 15005.

Enderezo: rúa Emilia Pardo Bazán, 23.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2 letras a) e c) da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 13 de outubro de 2014.

Sanción: multa de cento cincuenta euros (150 €).