Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4305

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios, subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios, subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2014

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina) Comité Español, para o proxecto de apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective EDGE na franxa de Gaza

19.975 €

8.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía Castro e as súas federacións veciñais

65.000 €

9.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Redondela para a posta en valor e recuperación da senda do río Maceiras

56.681,91 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes para a adquisición dunha traíña

7.000 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilarmaior para as obras de acondicionamento do edificio consistorial

8.700 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Portomarín para a substitución da cuberta e remodelación interior do pavillón Villanueva Cendón

40.000 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cotobade para a execución do proxecto dun novo salón de actividades en Cotobade

20.000 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sanxenxo para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

13.000 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Grove para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

13.000 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baiona para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

13.000 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Nigrán para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

7.500 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

7.500 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Poio para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

7.500 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ribeira para a contratación de auxiliares de Policía local durante a tempada de verán

7.500 €

25.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial RED.ES para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha dunha rede de emerxencias

450.000 €

2.10.2014

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cee para a rehabilitación exterior das fachadas da casa do concello

24.999,88 €

9.10.2014

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilarmaior para as obras de acondicionamento do edificio consistorial

8.700 €

14.11.2014

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Redondela para a posta en valor e recuperación da senda do río Maceiras

0 €

20.11.2014

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Portomarín para a substitución da cuberta e remodelación interior do Pavillón Villanueva Cendón

0 €

20.11.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a organización non gobernamental Médicos del Mundo para a execución do proxecto de resposta á emerxencia de ébola en Serra Leoa-fase III

50.000 €

21.10.2014

Addenda ao convenio de cooperación entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cee para a rehabilitación exterior das fachadas da casa do concello

0 €

24.11.2014

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Consello Galego dos Procuradores para a colaboración en materia de mediación no ámbito civil e mercantil

0 €

3.12.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra

4.496,67 €

12.12.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña

8.466,88 €

12.12.2014

ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2014

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Colexio de Avogados de Pontevedra e mais a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación familiar intraxudicial para o ano 2014 en Vigo

35.000 €

18.7.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Gudiña para o mantemento do seus gastos de funcionamento

16.500 €

28.8.2014