Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4308

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN223A).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG núm. 15, do venres, 23 de xaneiro de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3484, no artigo 18 (Xustificación da subvención), punto 1, onde di: «1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada, e ten de prazo para presentala ata o 30 de setembro de 2015», debe dicir: «1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada, e ten de prazo para presentala ata o 31 de outubro de 2015».