Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4303

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos seus membros, dispoñendo no seu parágrafo 1 que os membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18 de febreiro de 2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, asumindo desde a súa constitución, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. O cesamento como membros do Consello do Turismo de Galicia de:

– Gonzalo Ordóñez Puime, como vicepresidente.

– Mª del Camino Triguero Salas, membro titular, en representación da consellería competente en infraestruturas.

– Mª Nieves Domínguez González, membro titular, en representación da consellería con competencias en materia de sanidade.

Segundo. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Blanca García Señoráns Álvarez, directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, como vicepresidenta.

– Helena de Lucas Santos, directora xeral de Mobilidade, membro titular, en representación da consellería competente en infraestruturas.

– Mª Eugenia Lado Lema, vicexerente do Servizo Galego de Saúde, como membro titular, en representación da consellería con competencias en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia