Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2015 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído de varias estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia da zona de Ourense.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense a información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona de Ourense

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-53

Alto de Sto. Domingo (A-53)-Enl. Barbantes (A-52)

78+730 ao 87+240

OU/13/058.09.1

Maside, Punxín, Ourense, Amoeiro, Toén

OU-105

Ourense (A Ponte Sevilla)-A Ponte Noalla (N-525)

4+210 ao 5+530

OU/13/058.09.2

Ourense, San Cibro das Viñas

OU-536

Ourense-A Pobra de Trives (OU-636)

0+000 ao 8+040

OU/13/058.09.3

Ourense, O Pereiro de Aguiar

OU-540

Ourense-Fronteira de Portugal (A Madalena)

0+000 ao 14+910

OU/13/058.09.4

Ourense, Barbadás, A Merca, San Cibrao das Viñas

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no cal poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou as suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase ao dispor dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación a que van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, número de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas