Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de reprografía externa para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 23 de setembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de reprografía externa para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 70.000,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de decembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2015.

c) Adxudicataria: Tórculo Artes Gráficas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 51.817,77 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia