Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica a resolución do expediente sancionador en materia de seguridade industrial 28/I/14 (IN 635C 2013/82-4).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no DOG a resolución do procedemento á interesada que se sinala no anexo.

A interesada poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte á súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio da interesada –se radica en Galicia–, a elección desta, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: 28/I/14 (IN 635C 2013/82-4).

Interesada: Romi Artísticas, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.