Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 15 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia de varios expedientes de reclamación eléctrica.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados o trámite de audiencia de varios expedientes de reclamación eléctrica que a continuación se relacionan, anexo I, ao seren devoltos polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez , 1-4º.

Ourense, 15 de xaneiro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO I

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/CIF

Domicilio

IN635A 2014/86-3

Casa Fonteloza, S.L.

B-32439051

Rúa Ervedelo, 18 baixo, Ourense

IN635A 2014/124-3

Alfredo Manuel Sousa López

72577979-F

Avda. de Portugal,11-1º D, Ourense