Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014111AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2014111AL-OU, incoado a Monte Kalamua, S.A. CIF: A48435382, e enderezo no polígono industrial de San Cristovo, s/n, de Ribadavia-Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Monte Kalamua, S.A o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, unha copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco-Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xaneiro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014111AL-OU.

Interesada: Monte Kalamua, S.A.

DNI/NIF/CIF: A48435382.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de San Cristovo, s/n, de Ribadavia-Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil seiscentos euros (1.600,00 €).