Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2014/00038 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (20) días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCGBanco, S.A. (Novacaixagalicia).

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria.

De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-00404-O-2012

RA/M/2014/00038

7703-BZV / V-10514-R

Garda Civil 3603 A23980M

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

Transportar produtos que necesitan regulación de temperatura a unha temperatura distinta da exixida durante el.

20.1.2012; 17.30; A-52; 281,3

Artigo 140.26.4 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-02297-O-2012

RA/M/2014/00084

ZA-0955-L / ZA 01017-R

Garda Civil 1525 P11649-Z

Transport Castell Frigo Grup, S.L.

Levar inserida unha folla de rexistro sen anotar o nome e os apelidos do condutor.

5.6.2012; 9.00; AP-9; 110,000

Artigo 140.22 LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00414-O-2012

RA/M/2014/00148

5464-BZD

Garda Civil 2701 E70372V

Transportes Duco, S.L.

A carencia das follas de rexistro, do aparello de control, da tarxeta de condutor, de posuír unha, ou dos documentos impresos que exista a obriga de levar no vehículo.

22.2.2012; 16.30; N-642; 48,00

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00379-O-2012

RA/M/2014/00149

3334-CDV

Garda Civil 2705 C27970W

Fraidatrans, S.L.

A carencia das follas de rexistro, do aparello de control, da tarxeta de condutor, de posuír unha, ou dos documentos impresos que exista a obriga de levar no vehículo.

23.2.2012; 23.30; LU-862; 89,500

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

DX-00047-I-2012

RA/M/2014/00256

7672-DJK

Axente de Inspección DX/014

Hijos de Delmiro López, S.L.

Realizar a actividade sen asumir a autonomía económica e de dirección na explotación ou sen os medios persoais e materiais da súa propia organización empresarial.

20.6.2012; 13.15

Artigo 140.17.1 LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta