Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública o expediente de concentración dos contratos de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación dos seguintes contratos:

V-0626;XG-040, Auga Doce-Viveiro-Santa Mariña, con anexos; V-2870;XG-319 Viveiro-A Encrucelada-O Vicedo-O Folgueiro, con anexos, e V-7039;XG-413, Porto Morás-Viveiro, con anexos.

Contratista: Autobuses de Vivero Otero, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70-2º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.lugo@xunta.es.

Lugo, 12 de decembro de 2014

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo