Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 1 de xullo de 2014.

Referencia: 12-30-14-C-1.

Obxecto: explotación de instalacións náutico recreativas.

Porto: Camariñas.

Concesionario: Club Náutico de Camariñas.

Prazo: 10 anos desde o outorgamento inicial.

Taxas: 8.126,46 €/ano en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 12 de novembro de 2014.

Referencia: 12-37-03-C-1.

Obxecto: modificación substancial para ampliación de uso da concesión para a construción dunha nave con destino a instalacións de manipulación, depuración e cetaria de pesca e marisco.

Porto: Portocubelo.

Concesionario: Gabriel Lestón Romero.

Prazo: ata o 15 de xullo de 2018.

Taxas: 555,10 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 27 de novembro de 2014.

Referencia: 12-03-14-C-2.

Obxecto: instalación dunha liña de media tensión soterrada na rúa Manuel Fraga Iribarne.

Porto: Cariño.

Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: ata o 27 de novembro de 2024.

Taxas: 5,25 €/ano en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 22 de decembro de 2014.

Referencia: 12-52-10-C-1.

Obxecto: modificación substancial para recheo para creación dunha mariña seca.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Club Náutico de Boiro.

Prazo: ata o 13 de abril de 2041.

Taxas: 30.814,58 €/ano en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 26 de decembro de 2014.

Referencia: 12-38-12-C-1.

Obxecto: explotar unha zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións.

Porto: Muros.

Concesionaria: Astilleros y Varaderos Lago Abeijón, S.L.

Prazo: ata o 29 de decembro de 2029.

Taxas: 24.460,30 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia